Francia decreta o toque de recoller en Nova Caledonia polas protestas independentistas contra a revisión do censo electoral

Louis Le Franc, representante francés en Nova Caledonia, impuxo a terza feira un toque de recoller desde as 18 horas no arquipélago (9 horas na Galiza), o feche de centros de ensino e do aeroporto xustificándose nas protestas da noite anterior, desatadas pola intención francesa de revisar o censo para os comicios provinciais, conxelado desde 1998, o que para as forzas independentistas é unha tentativa de “minorizar aínda máis o pobo canaco”.

Protesta independentista a finais de marzo en Nova Caledonia. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Protesta independentista a finais de marzo en Nova Caledonia. (Foto: Nós Diario)
Comentarios