Redacción
05/dec./23 - 10:11
Actualizado: 05/dec./23 - 10:16
O gasto medio dos galegos previsto para este Nadal supera os 600 euros
O gasto medio previsto polos galegos en época do Nadal sitúase en 602 euros, o que representa 6% máis respecto ao ano anterior, cando foi de 566 euros, segundo o Zoom de Intención de gasto en Nadal do Observatorio Cetelem. Segundo o estudo, realizado a partir de 1.000 enquisas en liña en todo o Estado, o desembolso previsto polos galegos é superior á media estatal, que é de 568 euros. 27% dos galegos enquisados asegura ter intención de realizar un maior desembolso que no Nadal do ano pasado, mentres que 42% manifesta que realizará o mesmo gasto e 31% que destinará menos diñeiro.