O Hapoel pon a proba o Breogán na Champions League

O renacido Leite Río Breogán, que vén de deixar o último posto ligueiro na ACB após lograr a súa segunda vitoria da tempada a pasada fin de semana, aspira a dar continuidade ao triunfo sobre o Joventut de Badalona na Champions League de Baloncesto. A escuadra celeste retorna esta cuarta feira a unha competición na que sumou un triunfo no seu debut sobre Bursaspor Info Yatirim e caeu derrotado despois ante Telekom Baskets Bonn -vixente campión- coa idea de consolidarse no segundo posto do Grupo 'F'. Para iso deberá vencer  a partir das 20.30 horas, e baixo a atenta mirada das cámaras da TVG2, o Hapoel Holón en Riga (Lituania), onde os israelís disputarán os partidos que lles correspondan como locais a causa do conflito que se vén desenvolvendo no seu país durante as últimas semanas.
Coa forza de Maximus, o Breogán buscará un novo triunfo europeo en Riga. (Foto: Río Breogán)
photo_camera Coa forza de Maximus, o Breogán buscará un novo triunfo europeo en Riga. (Foto: Río Breogán)
Comentarios