Un investigador propón acoller persoas sen fogar en mosteiros e conventos portugueses

Rolando Volzone, un investigador italiano, recomendou hoxe, no comezo da cuarta edición da Conferência Internacional Arquitecturas da Alma, no Mosteiro da Batalha, en Portugal, utilizar mosteiros e conventos que non estean en funcionamento para acoller persoas sen fogar. A medida “pode axudar a resolver puntualmente algúns problemas ligados á vivenda” no contexto da crise que sofre a poboación lusa neste eido, explicou.
No convento das Bernardas, en Lisboa, residen xa varias familias. (Foto: Sandra de Castro)
photo_camera No convento das Bernardas, en Lisboa, residen xa varias familias. (Foto: Sandra de Castro)
Comentarios