Israel asasina nun bombardeo o lendario dianteiro palestino Mohammed Barakat

Entre as moitas vidas que Israel está segando durante a súa invasión de Gaza tamén están as de destacados deportistas. O último en caer foi toda unha estrela do fútbol palestino, Mohammed Barakat, vítima dun ataque aéreo que alcanzou a súa vivenda na localidade de Khan Younis no primeiro día do Ramadán. Aos seus 39 anos, o dianteiro, alcumado 'A lenda de Khan Younis', contaba cunha ampla traxectoria en equipos de Cisxordania, Gaza e incluso noutros países da contorna, como Xordania, onde defendeu as cores do Al-Wehdat, tornando no primeiro futbolista do seu país en superar a barreira dos 100 goles. O último dos 114 que anotou ao longo da súa carreira profesional foi o pasado mes de agosto de 2023, co Al Ahli Gaza.
 
O atacante anotou máis de 100 goles durante a súa carreira. (Foto: Aida Celtid).
photo_camera O atacante anotou máis de 100 goles durante a súa carreira. (Foto: Aida Celtid).
Comentarios