O Liceo despídese da Champions ante o seu eterno rival, o Barcelona

O Deportivo Liceo da Coruña despídese esta quinta feira da WSE Champions League, a máxima competición continental do hóckey sobre patíns. Xa matematicamente eliminado -após perder os seus compromisos ante Fútbol Club Barcelona, Barcelos e Forte, e de rañar senllos empates ante estas dúas últimas formacións-, os herculinos fechan o seu paso polo torneo reeditando o súper clásico deste deporte a nivel estatal ante o seu gran rival, o Barça. Coa única aspiración de sacar a espiña cravada co 8-2 que os blaugranas lles inflixiron no partido inaugural da Champions, os xogadores verdibrancos reciben ás 20.30 horas de hoxe os cataláns nun encontro que será retransmitido pola TVG2.
 
O Liceo opta ás semifinais ligueiras. (Foto: Deportivo Liceo).
photo_camera O único en xogo no choque desta quinta feira é a honra. (Foto: Deportivo Liceo).
Comentarios