"Paz e liberdade para Palestina": Compostela berra contra as hostilidades da Faixa de Gaza

A compostelá praza do Toural acolleu unha concentración esta segunda feira baixo o lema ‘Paz e liberdade para Palestina’. Alí, as persoas manifestantes reclamaron o cesamento das hostilidades por parte do Estado de Israel e a liberdade do pobo palestino nunha xornada marcada polo aumento dos ataques por parte Israel contra a Faixa de Gaza.Tamén esta segunda feira Bruxelas anunciou que conxelaba a axuda humanitaria a Palestina, unha decisión na cal finalmente recuaron.

Concentración na praza do Toural contra os ataques en Palestina (Foto: Nós Diario).
photo_camera Concentración na praza do Toural contra os ataques en Palestina (Foto: Nós Diario).
Comentarios