A selección de Palestina xogará os seus partidos como local en Alxeria

En escenarios como o vivido en Gaza, o deporte sempre pasa a un segundo plano. Non obstante, e como se adoita dicir en inglés, show must go on, o espectáculo debe continuar, e nas últimas horas a Federación Alxerina de Fútbol (FAF) revelou que de agora en diante a selección de Palestina disputará os seus partidos como local no país norteafricano. Inmerso na disputa das clasificatorias para a Copa do Mundo de 2026 e a Copa Asiática de 2027, o combinado palestino debutará en Alxeria o próximo 21 de novembro, nun partido ante Australia, que conforma o Grupo '1' mundialista xunto coas Maldivas e Bangladesh. O máximo responsábel da FAF, Jibril Rajoub, tamén confirmou que a entidade que preside asumirá "todos os gastos ligados a estes eventos" da selección palestina.
O palestino Tamer Seyam, á esquerda, e o xordano Abu Arab. (Foto: Europa Press)
photo_camera O palestino Tamer Seyam, á esquerda, e o xordano Abu Arab. (Foto: Europa Press)
Comentarios