A UE reclama reformas aos países dos Balcáns Occidentais para aceptalos no mercado único

A presidenta do Executivo da Unión Europea (UE), Ursula von der Leyen, instou esta segunda feira en Albania, na cimeira entre o bloque comunitario e cinco Estados dos Balcáns Occidentais, amais da autoproclamada República de Kosovo, os países da rexión a efectuar reformas económicas guiadas por Bruxelas para aceptar a súa inclusión no mercado único da UE, nunha reunión marcada polas tensións no norte de Kosovo nos últimos seis meses.
Apertura en Tirana, Albania, do cume UE-Balcáns Occidentais.
photo_camera Apertura en Tirana, Albania, do cume UE-Balcáns Occidentais.
Comentarios