Un de abril: Nace o Día das Artes Galegas

A Real Academia Galega de Belas Artes institúe a data para fomentar a práctica, o estudo, e contribuír á salvagarda eá sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego.

Pórtico da gloria

O 1 de abril será, a partires deste ano, a data na que conmemorar o ‘Día das Artes Galegas’, unha xornada para a “exaltación, divulgación e promoción da creación en Galiza”, segundo a Real Academia de Belas Artes, responsábel da iniciativa.

Por que o 1 de abril? Pois en lembranza da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria e coa que se certifica que aquela é obra dirixida, dende os seus alicerces, polo Mestre Mateo. “Cima da Arte Románica, arte europea por excelencia, pórtico que abre a camiños, que fan de Galiza encrucillada de culturas, e que mesmo sintetiza todas as artes”.

Areal Academia enfatiza que Galiza “país de creadores, artesáns, músicos, teóricos, profesores, mecenas, marchantes que merecen a celebración dunha xornada para reivindicar a orixe, a orixinalidade, como contribución particular á universalidade. Sirvan as limeiras da Historia das Artes Galegas como pórtico de futuro”.

Máis en CULTURA
Comentarios