Axenda: teatro, música, castañas e viño novo

Volta a Rebusca de Outono, o festival de música galega en Manzaneda, con Cuchufellos, Zurrumalla, Os Tres Trebóns, Labregos do Tempo dos Sputniks, Poetarras, Ruxe-Ruxe e un longo etcétera 

Rebusca_outono

Sexta feira

Unhas poucas picadelas

A Coruña

Teatro Rosalía Castro

20.30h

Espectáculo de Teatro de Ningures sobre a violencia machista. A peza non narra unha historia concreta, senón historias reais e anónimas.

A Rebusca de Outono

Manzaneda

Nave do Toural

Até 19.11.2016

O festival de música galega conta nesta nova edición con actuacións musicais de grupos como Cuchufellos (concerto de despedida), Zurrumalla, Os Tres Trebóns, Labregos do Tempo dos Sputniks, Chuches Amil, Poetarras e Ruxe-Ruxe, entre outros.

Festival Nun Local

Vigo

Casco Vello

Até o 20.11.2016

Varios locais

Unha nova plataforma para as artes en Vigo! 50 locais, 150 artistas e cada local un escenario, iniciativa que pretende crear unha plataforma para divulgar as artes e artistas locais.

Sábado

Xornada de igualdade para a mocidade

Pontevedra

Pazo da Cultura

09.30h

O encontro versará sobre a formación en igualdade de oportunidades, da coordinación dos recursos e experiencias existentes, cunha especial atención ás actividades de lecer e tempo libre como espazo educativo da mocidade. A xornada incluirá charlas e unha mesa redonda na que se presentarán iniciativas para promover unha escola de igualdade para a mocidade.

V Festa da Pisa da Castaña

Ourense

Parada de Sil

11.00h

Recreación da pisa da castaña, o proceso tradicional de preparación das castañas secas. Tamén terán unha feira de produtos locais (como bica, queixo, marmeladas, viño...), e xantar popular da Castaña.

Caxade en concerto no Magosto do Gaiás

Santiago de Compostela

Gaiás

20h

Xornada de música e castañas para toda a familia. Con degustación de tapas e posterior concerto de Caxade presentando o seu segundo e último traballo E isto é o amor.

Domingo

XVIII Festa do Viño Novo

Salvaterra de Miño

Arantei

11.00h

Evento gastronómico onde os asistentes poderán degustar os viños da nova colleita dos produtores da comarca, de balde ao mercar unha xerra ou cunca. Ademais, na súa oferta gastronómica contan con polbo, orellas, callos, empanada, lamprea... entre outros manxares. A festa estará amenizada por grupos de música como O Freixo ou a charanga SGHAE.

Davide Salvado

Cangas

SalaSon

20.30h

Presentación do último disco, Lobos. No directo, Davide Salvado estará acompañado dos músicos Santi Cribeiro (acordeón), Pablo Dalama (saxo e frautas) e Carlos Freire (percusión).

O rueiro das liortas

Carballedo

Salón de Actos do Concello

18.00h

A compañía Elefante Elegante achega para todos os públicos esta mestura de comedia da arte e teatro popular ateigada d

Máis en CULTURA
Comentarios