"FEIJóO ESCOITA, A VERBENA ESTá EN LOITA!"

A música só se sentiu diante do Parlamento

Día sen música, a non ser diante do Parlamento de Galiza, onde se concentraron máis de cincocentos integrantes das orquestras do país para reclamaren a redución do IVE cultural. 

orquestra

“Feijóo escoita,  a verbena está en loita” foi o lema máis coreado na rúa do Hórreo de Compostela, diante da sede do Parlamento de Galiza onde nesta mañá da cuarta feira se concentraron máis de cincocentos integrantes das orquestras galegas. 

As reivindicacións neste 20 de maio -declarado “día sen música”- centrábanse na redución do IVE cultural, a regularización do sector, unha tributación viable e a consideración da festa galega como patrimonio cultural. 

“Festa legal, patrimonio cultural” e “Montero, Rajoy, menos IVA para hoy”, foron outras das palabras de orde que se escoitaron na manifestación na que participaron membros das agrupacións musicais convocados pola Asociación Galega de Orquestras que anunciou novas mobilizacións se non se resolvenren as reivindicacións do sector. O voceiro da asociación lamentou, na saída do Parlamento, que ningún representante do grupo do PP os tivese recibido, partido ao que dedican a maior parte das súas queixas pola grave situación que atravesa o sector.

Máis en CULTURA
Comentarios