Ringo Starr toca esta sexta feira na Coruña

O último 'beatle' chega a Galiza

É a primeira vez que un beatle actúa en Galiza. Non é o que máis cancións achegou ao cuarteto, pero si cantou unha das máis célebres: Yellow Submarine. Tamén compuxo algunha disimulada alfaia. É o caso de Octopus's Garden. O seu carisma, ademais, resulta indiscutíbel. Esta sexta feira actuará no Coliseo da Coruña.
 

ringo starr all starr band
photo_camera Ringo Starr coa All-Starr Band. Foto: cedida.

O batería de The Beatles comparecerá acompañado da All-Starr Band, coa que xira desde 1989. A súa décimo terceira encarnación -en que militan ex membros de 10CC, Santana ou Toto- será a que se presente en Galiza. A base do concerto, o seu disco do pasado ano, Give more love.

Aínda que a carreira en solitario de Starr -o último dos Beatles en ingresar no grupo- é nutrida -19 pezas-, o público tamén asistirá á intepretación de material beatle. Polo menos, algúns dos temas que saíron da súa pluma: Don't pass me by do White Album, Honey don't de Beatles for Sale ou I wanna be your man de With the Beatles.

As entradas para o debut beatle en Galiza -quedan algunhas á venda- custan entre os 48 e os 75 euros.

Máis en CULTURA
Comentarios