Alguén que respira
Compostela
Teatro Principal
21-23-3.2019
Alguén que respira!, o festival de poesía organizado polo Concello de Compostela co apoio da Xunta, convoca nesta segunda edición máis de medio cento de artistas para celebrar a poesía. Cun programa que aposta na oralidade, figuran nomes como Pilar Pallarés e Méndez Ferrín, o poeta chileno Raúl Zurita, a brasileira Elisa Lucinda, a portuguesa GolgonaAnghel, a catalá Sònia Moll, Alejandro Palomas ou Estevo Creus. A cita decorrerá do 21 ao 23 de marzo no Teatro Principal, en Compostela. Moderan dúas das mesas ao redor da poesía María Obelleiro e Daniel Salgado, xornalistas de Sermos Galiza.
Sofía Espiñeira e MJ Pérez
Melide
Sala A Fundación
22.3.2019
23.00h
As dúas artistas coinciden por primeira vez no I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo en 2014 e neste espectáculo xúntanse con "Agora cantas ti, agora canto eu...".
XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Pontevedra
Pazo da Cultura
22.3-12.4.2019
O Salón conta este ano coa lusofonía como eixo temático, con sotaques de Galiza, Portugal, Brasil e Angola e coa LIX, a ilustración e a gastronomía tamén de Cabo Verde, Guinea-Bissau e Mozambique.
Ponme un poema!
Allariz
Diversos locais
23.3.2019
19.45h
Naceu coa convicción de que a poesía está nos bares e, con esa mesma ansia, nesta 6ª edición do Ponme un poema! volverán encher de versos unhas cantas barras un ano máis para festexar o Día Mundial da Poesía. A cita será este sábado 23 de marzo a partir das 19.45 horas, nos bares de Allariz, da man das poetas María Do Cebreiro e o Leo de Matamá.
Festexar a poesía
Outeiro de Rei
Casa-Museo Manuel María
23.3.2019
18.00h
Espectáculo dirixido e interpretado por Manuel Lourenzo, "O vento nas brasas", con textos poéticos e teatrais das escritoras clásicas como Rosalía, Pondal, Curros ou Otero Pedrayo.
Minguante
Baio
Bar Trébol
23.3.2019
22.00h
En concerto este dúo de pop rock folk acústico formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez no que xuntan temas dos seus proxectos con versións de diferentes músicas.
Os náufragos e Comenoites
Pontevedra
Pazo da Cultura
24.3.2019
12.00h
Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o sol poida raiar día tras día, mais un día a Lúa dille que está moi gordo e Comenoites deixa de comer.
Fabulosos Cleaners
Vigo
Auditorio Municipal
24.3.2019
18.00h
Malasombra Producións propón con Os Fabulosos Cleaners, un espectáculo de pompas de xabón, unha experiencia visual para participar todas as persoas.
Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
Compostela
Diversos espazos
25-31.3.2019
A 14ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego decorrerá do 25 ao 31 de marzo en Santiago de Compostela. O certame, que ten como eixos a etnografía e antropoloxía visual, conta con sete filmes, dos 16 que conforman a sección oficial da Mostra, como estreas na Galiza e catro deles de produción galega. Ademais, as seccións paralelas, Impropias e Trazas, céntranse nas fronteiras e na etnografía musical.
Exposición “Perfecto Estévez”
A Coruña
A.C. Alexandre Bóveda
A partir do 13 de marzo
Vén de inaugurarse a exposición Perfecto Estévez, pintor, cartelista e escenógrafo galego, realizada en colaboración coa AELG. A exposición é de pintura, da súa serie Mulleres.