Cinco voces retratan Narf

Neste Sermos222, xa na rúa, cinco voces deíxannos as súas impresións sobre o legado artístico e persoal de Narf (1968-2016). Eis un avanzo.

Narf
photo_camera Narf, no Womex o pasado 22 de outubro

Uxía: 

“Acabamos de perder un dos músicos que máis marcou a música galega dos últimos anos. Nós temos a percepción de que é un dos grandes. O tempo daralle a súa verdadeira dimensión”.

Carlos Santiago:

“El era o meu irmán, partillamos a mesma aventura vital desde a adolescencia, sempre guiados por un mesmo ideal, ser homes libres, e síntome orgulloso de ter navegado ao seu lado e de todos os segredos extraordinarios que atopamos na viaxe”.

Dupla Narf. 17 de novembro de 2016

Branca Cendán:

“Fran é o amigo e compañeiro co que todo o mundo quere traballar, porque ademais do seu incrible talento creativo é moi xeneroso e ten moi bo rollo”.

Jabier Muguruza:

“Desde que traballamos e convivimos no proxecto “MundoCafé”, FranPerez e eu eramos amigos. Sen dúbida, o meu sentimento profundo é de ter perdido un amigo. Besarkada handi bat, Fran!”.

Vítor Belho

 “Váisenos unha forma de ser, de entender a vida, váisenos un referente para toda unha xeración, váisenos un talento único e irrepetible. E váiseme un amigo, uni rmao ao que admiraba e ao que quería a partes iguais".

A íntegra desta reportaxe, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos222, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Máis en CULTURA
Comentarios