Serias diferenzas na composición do plantel —Viqueira viuse obrigado a asinar até 6 futbolistas novos no mercado de inverno— precipitaron a caída dun director deportivo que durou apenas pouco máis de medio ano no cargo. O ex futbolista do Deportivo únese na nómina de cesados aos seus predecesores Víctor Moreno, Toni Otero e Emilio de Dios.
A pesar do cesamento, a situación do Lugo na táboa dista de ser desesperada. En 24 capítulos do campionato sumou 26 puntos e dispón dun colchón de 4 a respecto da zona do descenso de categoría.
Viqueira xa non contaba coa confianza da directiva presidida por Tino Sasqués cando esta, de costas viradas ao director deportivo e na ventá de fichaxes invernal, decidiu traspasar dous futbolistas clave do plantel, Azeez e Kravets, traspasados ao Granada e ao Leganés, respectivamente.