Despois da vitoria pola mínima do C.D.Ourense no campo do Couto a celebración invadiu varias rúas da cidade das Burgas. A equipa local conseguiu onte o ascenso a 2ª B despois de gañar na casa ao C.D.Laudio por un axustado 1-0. Un gol de Eder na segunda parte chegou para levar os tres puntos que sumados á vantaxe do partido de Llodio (1-3) serviron aos de José Luís Míguez Iglesias para acadar o ascendo de categoría.
Catro anos despois o equipo "vermello" regresa á categoría de bronce e a celebración non tardou en chegar por toda a cidade. Ademais dos 5.000 seareir@s que viron o partido en directo outr@s máis sumáronse á tradicional festa na fonte de Concepción Arenal.
(Imaxe do Twitter do CD Ourense)
O C.D. Ourense ascende a 2ª B
A vitoria diante do C.D.Laudio e a vantaxe despois do resultado de Llodio adiantaron a festa.
![Celebración do ascenso a 2ª B do C.D. Ourense](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2012/05/28/2012052810083548139.jpg)