O Concello de Pontevedra, xunto co de Poio, servirá de escenario para acoller esta fin de semana o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico. A cita traerá 400 deportistas dispostos a demostrar a súa forza e habilidade.
Un total de 25 equipos masculinos e femininos competirán na terceira edición deste campionato que supera a marca de participación, xuntando xogadoras e xogadores de toda Europa.
Na práctica, as actividades deportivas comezarán cun torneo absoluto nomeado Championship que terá lugar hoxe e continuarán mañá. Os escenarios serán o campo Manolo Barreiro da Xunqueira e o campo de Monte Porreiro.
Todos os partidos serán de balde e non precisarán de ningunha entrada para ao seu acceso. Ademais, tamén poderán seguirse a través da YouTube, cunha retransmisión ao vivo por streaming e as finais na segunda canle da TVG.
Por outra parte, está programado o torneo Development, coas seleccións en desenvolvemento —que están comezando ou iniciándose con este deporte— e que xogarán no campo da Seca, en Poio.
Estrea diante Francia
Inicialmente previstos para xuño de 2020, a terceira edición dos Euro Gaelic Games recollen o facho da cita bretoa de Lorient 2018 após ser suspendidos durante dous anos por mor da pandemia da Covid-19.
A Galiza defendara o titulo feminino estreándoseesta sexta feira ás 9.45 horas contra Francia. Tamén terá que competir no seu grupo contra Bretaña, Luxemburgo, Alemaña, Francia B, Benelux, Iberia, GGE Team e a Galiza B.
No masculino, a selección galega comezará, tamén o 15 de xullo, xogando con Benelux (10.35 horas) para medirse despois cos equipos de Francia, Bretaña, Luxemburgo e Iberia.