París 2024 | Atletismo

O Stade de France dá a benvida ao atletismo cun novo récord mundial

O equipo estadounidense de remuda mixta pulverizou o crono no 4x400m.
O equipo estadounidense quitou tres segundos de vantaxe ás francesas, segundas. (Foto: RTVE)
photo_camera O equipo estadounidense quitou tres segundos de vantaxe ás francesas, segundas. (Foto: RTVE)
O Stade de France, que durante a primeira semana olímpica fora a sede do rugby, estreouse esta sexta feira da mellor maneira posíbel co atletismo, nunha frenética xornada cun público totalmente entregado na que se rexistrou un novo récord do mundo. Sucedeu pasadas as 19 horas, cando o equipo estadounidense de remuda mixta do 4x400m pulverizou o crono na primeira serie clasificatoria parándoo en 3:07.41, case un segundo e medio menos que a anterior marca, que xa ostentaba. A máis de tres segundos remataron os equipos de Francia e Bélxica.

Comentarios