No Estado español pódese vivir moi, moi ben. Só hai que ser banqueiro. Segundo vén de facer público a Autoridade Bancaria Europea (EBA) no seu informe anual, no Estado español hai cen banqueiros que gañan por riba do millón de euros anuais. Iso supón o quinto posto en Europa. Onde máis é é en Reino Unido, con 271 destes banqueiros millonarios. En Alemaña hai 212, en Francia 177 e Italia 109.
Porén, os banqueiros que ,meten no peto máis dun millón de euros anuais no Estado españolson menos que no ano pasado, cando esa cifra era de 125.
A vivir
Iso si, o Estado español é o segundo onde máis cobran os banqueiros de media: 2,16 millóns de euros anuais, só sobrepasado por Chipre (2,2 millóns). Eses ingresos medios en Reino Unido son de 1,95 millóns e en Alemaña de 1,55.
Os directivos de entidades financeiras españolas que cobran máis dun millón de euros repártanse do seguinte xeito segundo o área de negocio á que pertence: 37 na banca de investimento, 16 na minorista e 47 noutras áreas.
No que atinxe ao tipo de retribución, a fixa total que perceberon estes executivos en 2012 ascendeu a 91,3 millóns de euros, a parte variable supuxo 125,5 millóns e a retribución diferencia foi de 66 millóns.