SINAIS DE QUE ASTANO CONTINUARá FóRA DA CONSTRUCIóN CIVIL

Os cortes de chapa non se retransmiten ao vivo se non hai eleccións á vista

Os operarios de Navantia en Fene e Puerto Real procederon na mañá da sexta feira ao simbólico corte de chapa do buque de acción marítima –BAM- que a compañía naval pública construirá para a Armada española

cortechapaBAMFene
photo_camera Comeza a construción do BAM no antigo Astano

O acto, que ía ter lugar a semana pasada, desenvolveuse nesta ocasión na “intimidade” do estaleiro, sen xornalistas nin cámaras de televisión e sen conexións en directo nos informativos da Televisión de Galiza, un contexto ben diferente ao do corte de chapa do flotel para Pémex, que decorreu “por todo o alto” apenas 48 horas antes do inicio da campaña para as eleccións europeas do pasado mes de maio. 

O corte de chapa fíxose coincidir tamén co acordo do Consello de Ministros de autorizar a Industria o financiamento do programa, valorado en algo máis de 333 millóns para os dous buques, en seis exercicios –entre o actual e 2019- sen xuros. O Goberno parabenizouse deste fito que, segundo dixo, supón a volta de Navantia á construción militar logo de oito anos (a última orde de execución, a da fragata F-105, asinouse en 2006).

O feito de estarmos ante un novo encargo militar e de que se vaia construír na antiga Astano fai pensar que a intención do Executivo de Rajoy é manter este esteleiro afastado da construción civil

O feito, ademais, de realizalo na antiga Astano é significativo, pois, se ben é certo que resta menos dun mes para que decaía o veto, revela que a intención do Executivo de Rajoy non pasa por recuperar as instalacións para a construción civil, consolidando o rol “subsidiario” da factoría fenesa a repecto da de Ferrol. 

A “discreción” que agora si amosou a dirección de Navantia ten a ver tamén co clima de conflitividade que se vive nos estaleiros da ría. Na quinta feira, a empresa fixo publico un comunicado no que culpaba o comité de empresa do “retraso” no programa de construción do flotel para Pémex, ataque que foi contestado pola parte social, que responsabiliza a actual dirección desta situación por implantar unha estrutura organizativa “ineficaz” e por aplicar políticas centralizadoras e afastadas da realidade do propio proceso de fabricación. 

Comentarios