OS PAPEIS DE PANAMá

A maior filtración da historia do xornalismo evidencia como as elites ocultan o seu patrimonio en paraísos fiscais

A fuga de información do bufete 'Mossack Fonseca' destapa como xefes de estado e primeiros ministros, membros da realeza, artistas, deportistas, políticos, empresarios... recorren a estes instrumentos.

mossak fonseca
photo_camera Sede Mossak Fonseca

Un mínimo de 1.200 empresas, 558 accionistas, 166 clientes intermediarios e 89 beneficiarios no Estado español empregaron o bufete Mossack Fonseca para ocultar o seu patrimonio en paraísos fiscais. Así se desprende da maior filtración do xornalismo, que deu pé a unha investigación do Consorcio internacional do xornalismo de investigación e que en Portugal publica Expresso e no Estado español El Confidencial e La Sexta.

Nos documentos filtrados aparecen nomes como o de Pilar de Borbón, Messi, Pedro Almodóvar, a muller do ex-ministro Arias Cañete,.... Mais tamén aparecen persoalidades e nivel internacional, como os presidentes arxentino (Macri) e ucraíndo (Poroshenko) ou o primeiro ministro de Islandia (Gunnlaugsson). Ademais, reis e xeques árabes, ex-primeiros ministros de diferentes estados, como Sudán, Emiratos Árabes ou Xordania, entre outros. E persoas moi cercanas a líderes como Vladimir Putin, como se fosen os seus posíbeis  'testa-ferros'.

Para debullar e analizar toda a información filtrada, o Consorcio coordinou un equipo de máis de 370 xornalistas que traballaron durante un ano.

A actividade profesional de 'Mossack Fonseca', o bufete no albo da investigación, moveu máis de 214.000 entidades 'offshore' en territorios como Panamá, Illas Virxes británicas e outros paraísos fiscais.

Comentarios