Fruga denuncia que Lactalis impón contratos “abusivos” ás granxas galegas

Os contratos non son froito de negociación entre as partes e impoñen prezos á baixa. A Federación Rural Galega pide a Xunta e Estado que obriguen á multinacional a retirar as condicións.

Explotación leiteira
photo_camera Explotación leiteira

A Federación Rural Galega (Fruga) denuncia os contratos “abusivos” que a multinacional Lactalis, primeira empresa en recollida de leite en Galiza, está a presentar ás explotacións do noso país. Fruga afirma que o contrato “non responde a ninguna negociación entre as partes,” senon que é unha “imposición da empresa compradora, xá que de non acetar as súas condición o dia 1 de agosto xá non che ven a recoller o leite”.

A isto engade que os prezos que fixa Lactalis parten dun prezo inferior ao prezo medio pagado en Galiza, “que xá é o mais baixo de todo o Estado español”. Ademais, e segundo afirma a Federación, na cláusula 5 do contrato estabécese que Lactalis ten dous meses dous meses de leite sen estar obrigada a llo pagar á granxa suministradora. A isto engaden que a multinacional impón unha cláusula pola que as partes asinantes “obríganse a non revelar o contido das condicións do mesmo”.

Por todo isto, a organización agraria empraza Xunta e Estado a parar o que cualifica como “abuso absoluto”.

Comentarios