Fruga responsabiliza as industrias lácteas de forzar “baixas encubertas”

Insta a administración a constituír un organo interlocutor que dirima as discrepancias entre os diferentes sectores da cadea.

Cadea de envasado do leite

Fruga denuncia que as empresas lácteas están a empregar “diversas varas de medir” cando toca pagar o leite ás explotacións, en prexuízo dos gandeiros. Afirman que os parámetros que se empregan para o pago da materia proteica son moitas veces arbitrarias, premiando ou penalizando sen criterios. Algo que enmarcan nos “sucesivos abusos da industria perante un sector produtor totalmente indefenso”. As penalizacións da industria tamén afectan ao chamado punto crioscópico (temperatura de conxelación). “Se ao longo dun mes tes unha soa mostra que non chega a ese punto crioscópico determinado unilateralmente pola industria, a penalización supón outros 0,05 euros a maiores por litro. Nalgúns casos a suma destas penalizacións poden supor en torno a 10 cts.. de euro litro, o cal supón perdas importantes”.

Desde a Federación Rural Galega- consideran que esta situación pódese corrixir cunha “intervención clara e contundente da propia administración”. Para isso propoñen contar cun órgano de carácter interprofesional, onde se deberían dirimir as diferenzas existentes entre gandeiros e industria, sendo a administración quen trabe  estes abusos da industria. 

Comentarios