Galiza: despensa de aforro para que os bancos os presten noutros territorios

@s galeg@s tiñamos en depósitos bancarios a finais de 2013 máis de 56.000 millóns de euros. Por contra, os bancos prestaron no noso país pouco máis de 53.000 millóns. A diferenza, 3.000 millóns, non ficou parada. Boa parte foi para créditos noutros territorios.

cartos
photo_camera cartos

Galiza é unha das despensas de aforro da que botan man os bancos para aprovisionar de liñas de préstamos e créditos a outros territorios do Estado español. Os datos sinalan que nos últimos anos, e malia o contexto da forte crise económica, na Galiza houbo un desfase máis que considerábel entre o aforro depositado pol@s galeg@s en contas bancarias e os préstamos e créditos que estas entidades concederon no noso país.

Os propios dados do Banco de España avalan esta afirmación: a finais de 2013 os depósitos d@s galeg@s en bancos superaron os 56.200 millóns de euros. Mais os créditos concedidos a esa altura no noso país andaban polos 53.000 millóns. Hai, pois, un desfase de máis de tres mil millóns de euros, uns cartos que, como sinalan os analistas e economistas, "non fican no limbo, van a algures". E a onde? A resposta é clara: van en forma de créditos a outros territorios do Estado.

Toda a información neste Sermos Galiza nº87