Gestha, colectivo de técnicos do Ministerio de Facenda, calcula en máis de 30 millóns de euros as perdas na loita contra a fraude na Galiza pola supresión dos despachos individuais na Axencia estatal da administración tributaria (AEAT) e a Intervención Xeral do Estado (IGAE). A nivel de Estado español, afirman, as entrevistas poden abeirar os 600 millóns.
A supresión deses despachos, consideran, vai dificultar poder garantir a confidencialidade e preservar o sixilo e discreción que son propias das actuacións tributarias, aduaneiras e da contabilidade e auditoría pública.
Considera Gestha que os espazos de traballo partillados, denominados ‘pradeiras’, afectan a produtividade o rendemento, para alén das eivas en canto ao sixilo e discreción.
Para alén disto, tamén se estaría a vulnerar, sempre segundo Gestha, a intimidade e protección de dados de 16 millóns de persoas contribuíntes en todo o Estado.