Redacción 07/xan./22 - 13:49 Actualizado: 07/xan./22 - 14:19 Seguinte chevron_right Representantes da hostalaría galega cualifican de "frouxa" a xornada de Reis, cunha facturación nas festas "peor" que as anteriores, segundo expuxeron en declaracións á axencia Europa Press. Así o manifestaron tanto o presidente da Federación Galega de Hostalería, Cheché Real, como Lois Lopes, membro da Plataforma na Defensa da Hostalería Galega. "A facturación depende da xente que entra nos negocios e gasta e non hai a afluencia de antes", sostén Cheché Real, que o vincula co medo polos contaxios, mais tamén por mor das persoas confinadas. As restricións sanitarias minguan os ingresos da hostalaría "O balance, moi frouxo", resume sobre estas festas e, en particular, sobre a xornada de Reis. En similares termos, pronúnciase Lois Lopes, quen asegura que houbo ocupación de mesas, mais dadas as restricións e a limitación de ocupantes "a facturación é mala". "Peor que o ano pasado mesmo", sinala, en relación ás festas anteriores e aludindo tamén ao feito de que estas sexan unhas celebracións familiares, así como pola existencia de persoas confinadas ou de contaxios, algúns optasen por non reunirse ou reducir o número de membros. A isto suma as limitacións por mesa: "Non é o mesmo separar mesas de doce que mesas de oito", apostila, sobre o menor número de comensais por esta circunstancia. De feito, o sector hostaleiro galego perdeu arredor de 2.000 millóns de euros desde o inicio da pandemia, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Etiqueta hostalaría pandemia Covid-19 Seguinte chevron_right
ECONOMÍA A crise inflacionista pasa factura: Galiza sofre a maior perda de poder adquisitivo acumulada desde xaneiro de 2021 Ricardo Suárez 16/xul./24 17:34
ECONOMÍA A patronal galega, a favor dunha taxa turística en Compostela para "estar en igualdade" cos lugares onde xa existe Yuri Carrazoni Mier 16/xul./24 13:28
star Análise A folga do lixo na Coruña e a xestión pública dos servizos municipais Carlos Aymerich 15/xul./24 22:20
ECONOMÍA Montero esquiva o debate sobre o novo financiamento e centra a reunión coas autonomías en marcar a senda de déficit Ricardo Suárez 15/xul./24 21:49
Vivenda A compravenda de vivendas volve a terreo negativo en maio ao caer 22% Redacción 15/xul./24 12:02
ECONOMÍA O Goberno estatal outorgará 408 MW para renovábeis e almacenamento no concurso de 'transición xusta' de Cerceda Redacción 15/xul./24 11:41
ECONOMÍA A UE descoñece o proxecto de Altri malia a pasteira asegurar que a "relación é fluída" María Monteiro 13/xul./24 9:51
ECONOMÍA Unha empresa mineira con sede en madrid busca litio nas comarcas da Limia e Verín X. M. P. 13/xul./24 9:51