Onde paga impostos Inditex?

O xigante téxtil, con beneficios de máis de 2.400 millóns de euros, apenas tributa na Galiza en impostos directos. No Estado español pagou 821 millóns. Moito menos do que debera, grazas a unha estrutura fiscal para transferir beneficios a filiais en 'paraísos'.

Grupo_INDITEX_galeria-sede-central-01

O Imperio de Arteixo, o xigante galego do téxtil, a gran empresa de Galiza presente en todo o mundo... Os panexíricos habituais ao se referir a Inditex e loar a súa 'galeguidade' deberían ter en conta un dato simple: Apenas deixa farangullas en Galiza en impostos directos. Desde a empresa teñen preparada a réplica no manual de respostas: contribúen de forma considerábel o PIB galego (salarios, tendas no país...).

A contribución tributaria total de Inditex en todo o mundo móvese por volta dos 4.000 millóns de euros, segundo dados da propia firma. Algo máis da metade deles corresponde a cantidades recadadas polos estados onde opera por conceptos varios (por exemplo, IVE). E uns 1.900 millóns cotízaos por impostos directos: Un 39% deles no estado español, un 35% no resto de países europeos, un 17% en América e un 9% no resto do mundo, principalmente Asia.

Estratexia fiscal para 'blindar' beneficios e non pagar impostos

Inditex elaborou un efectivo esquema fiscal para pagar menos impostos. O funcionamento, sinxelo: transferir beneficios obtidos en estados como o español, británico, italiano ou alemán... a unha filial súa que opera en Holanda e Suíza (con impostos moi baixos). Nestes 5 anos Inditex transferiu 1.500 millóns de euros de beneficios en diferentes países europeos a esta filial, logrando así aforrar 275 millóns en impostos.

Toda a información sobre este asunto, no nº90 de Sermos Galiza, nunha reportaxe asinada por X.M. Pinheiro.

Comentarios