O Ministerio aproba o real decreto contra a couza guatemalteca

Establece a obriga de destruír nos 31 concellos afectados os cultivos afectados pola praga, prohibirase plantar o tubérculo e restrinxiranse os movementos deste produto..

pataca

O Consello de Ministros aprobou esta sexta feira o real decreto para o “control e erradicación” da couza guatemalteca na pataca, unha praga que nestes dous anos estendeuse até afectar 31 concellos da Galiza. O plan do Ministerio de Agricultura ten unha vicencia inicial de cinco anos e no mesmo fíxanse medidas e actuacións concretas contra a ‘tecia solanivora’ ou couza guatemalteca.

As medidas preventivas que contempla este plan abranguen prospeccións e controis sistemáticos en lugares de venda para detectar a presenza da couza. Tamén se establece que se delimitará a zona afectada, a destrución do material contaminado coa correspondente indemnización. Nas áreas afectadas prohibirase a plantación de pataca e restrinxiranse os movementos. Nas ‘áreas tampón’ haberá tratamentos filosanitarios e estableceranse condicións de circulación para os tubérculos. 

Comentarios