Operacións falidas

Os negocios malogrados da Xunta

Durante estes anos de crise varias empresas tiveron a participación da Xunta como accionista. Operacións que nalgúns casos acabaron con perdas millonarias para as arcas públicas. Publicamos unha ampla reportaxe sobre isto no semanario Sermos Galiza. Deixamos aquí un extracto.

photo_camera Feijóo

Embora non ser algo moi coñecido pola sociedade galega, a Xunta fai parte como accionista de diversas empresas privadas. O feito de que unha administración pública participe no accionariado de sociedades privadas non debe ser algo que deba estrañar. Aí está un dos exemplos máis coñecidos, o do länder alemán de Baixa Saxonia como propietario de case o 20% das accións de Volkswagen.

5Porén, as apostas da administración galega neste sentido precisan de achegar a lupa. O 2016 foi un ano importante. Comezou coa ampliación da participación da Xunta en Gas Galicia. Pagamos 2,8 millóns de euros polo 3% das accións de Abanca, co que o goberno galego xa posúe o 30,9% das accións desta firma. E o ano finalizou con dous movementos de calado. O primeiro, a Xunta convertíase na segunda accionista de Reganosa (24% das accións) despois de desembolsar 9 millóns de euros por parte das participacións de Gadisa na gasificadora.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 239, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios