O PP di que a Xunta estivo "en todo momento" ao lado d@s estafad@s polas preferentes

Após que milleiros de persoas se manifestasen en Compostela ante a residencia de Núñez Feijóo, o PPdeG emite un comunicado no que pon á Xunta de exemplo de apoio e compromiso cos afectados. As plataformas consideran o comunicado "unha tomadura de pelo"
Protesta de afectad@s polas preferentes en Compostela
photo_camera Protesta de afectad@s polas preferentes en Compostela

Máis de 10.000 persoas participaron este sábado na manifestación que percorreu Compostela para desembocar ás portas da residencia oficial de Feijóo e denunciar a complicidade da Xunta neste calote que afecta a 95.000 galeg@s. Horas despois desta mobilización, o PPdeG emite un comunicado no que, alén de criticar a oposición por, afirma, facer demagoxia cos estafados, salienta que "a Xunta en todo momento estivo ao lado" dos e das afectadas.

"Queremos lembrar que Galiza foi pioneira en España en pór en marcha a arbitraxe para tramitar as reclamacións dos afectados, un sistema gratuíto e que ten a mesma validez que unha sentenza xudicial. Grazas a esta fórmula, até o momento puideron recuperar os seus aforros máis de 12.500 persoas coa devolución de 230 millóns de euros"

"Están a tomarnos o pelo"

As afirmacións do PPdeG causaron sorpresa e indignación entre as e os afectados. Así, integrantes de colectivos coma o de Barbanza falan de "tomadura de pelo" e de "unhas declaracións vergoñentas", en palabras de Silvia Ordóñez. "A Xunta é cómplice. Non está a facer nada, andan coa quita e a canxe e eles, nada".

Tamén desde asociacións de afectados da zona de Ferrol se considera unha "carallada" o comunicado do PPdeG. Neste sentido, Manuel García xulga que "algo asustados deben de estar ao ver tanta xente a protestar e agora inventan iso de que nos apoian"

Comentarios