O prezo do leite sobe na Galiza mais segue a ser o máis baixo no Estado

Somos o único territorio onde non chegamos 33 céntimos por litro. 
Explotación leiteira (SLG)

O prezo do leite subiu na Galiza no mes de novembro até os 32,6 céntimos, o que supón medio céntimo máis que o mes anterior, segundo datos publicados polo Ministerio de Agricultura.

Porén, as e os agricultores galegos seguen sendo os que menos cobran polo seu leite en todo o Estado, case un céntimo e medio por baixo da media española (34 céntimos).

É o único territorio que non chega aos 33 céntimos. O seguinte prezo máis baixo está en Aragón, Baleares, Cantabria e Murcia, nestes catro casos en 33,1 céntimos.

.Por outra banda, o número de explotacións con entregas na Galiza continúa caendo e sitúase en 7.186. Lembremos que fechamos 2018 con 7.549 produtores.

Comentarios