''A querela ante a AN pode levar a políticos do PP e do PSOE ao banco dos acusados''

Clodo Montero, da CIG-Banca, fala da querela criminal presentada perante a Audiencia Nacional contra os ex-directiv@s das antigas caixas, Caixa Galicia e Caixanova, @s directiv@s de Novagalicia banco (NGB) e os membros dos Consellos de Administración das entidades. Un total de 79 persoas. 

Clodomiro Montero de CIG Banca
photo_camera Clodomiro Montero de CIG Banca

Semellaba que o conflito das preferentes estaba esgotado, lonxe da primeira plana informativa. É este querela unha forma de traelo a primeiro termo? 

Non é a primeira vez que a CIG recorre á xustiza ou presenta unha querela perante a Audiencia Nacional. Podemos lembrar a presentada con ELA.STV (sindicato nacionalista vasco) contra o Banco de España e o goberno pola súa xestión da crise. Ademais, e hai que recoñecelo, o precedente de Bankia abriu un camiño interesante  que podiamos aproveitar. Era o momento e por iso a CIG, e plataformas de afectad@s, decidimos dar o paso.

Cal son os argumentos principais nos que se basea esta querela criminal? 

Poderiamos resumilas en que houbo unha evidente manipulación do mercado secundario onde operaban as preferentes e en que tamén houbo manipulación na emisión desas preferentes.

Hai tamén unha intención con esta querela ante a Audiencia Nacional de que os e as directivas das antigas caixas 'non se vaian de rositas'? 

(Sorrí) Desgrazadamente, vemos como non pasa nada con moitos dos directivos responsábeis directos dun calote monumental, que afectou a milleiros de milleiros de persoas en Galiza e no conxunto do Estado español. E iso é porque, non esquezamos, os gobernos da Xunta de Galiza e do Estado foron cómplices, ollaban para outro lado.

Contra quen vai dirixida esta querela criminal?  

Por resumir, poderiamos dicir que contra os integrantes dos consellos de administración de Caixagalicia e Caixanova desde o 2003. Mais a querela tamén se interpón contra a caixa de aforros Novacaixagalicia e a entidade bancaria NCG Banco, S.A., como persoas xurídicas, como encubridores e como receptadores que se beneficiaron da dinámica que viña das caixas e que comeza no ano 2003. E hai algo de interese. De se admitir a demanda da Audiencia Nacional, entre @s imputad@s hai tamén políticos, porque neses organismos había nomes sobranceiros do PP e do PSOE. 

Entrevista completa neste Sermos Galiza nº94

Comentarios