O sector do vacún de carne exixe á Xunta que non abandone as razas autóctonas

Una concentración da Fruga (Federación Rural Galega) en Lugo reclamou maior implicación do goberno. Acusan o executivo de deixar sen axudas ao 75% dos solicitantes.

FRUGA-GALIZA
photo_camera FRUGA-GALIZA

A delegación da Xunta en Lugo acolleu esta cuarta feira unha concentración de gandeir@s de diferentes partes do país convocada pola Federación Rural Galega (Fruga). A mobilización expresaba o rexeitamento do vacún de carne á modificación que a Xunta fixo sobre as axudas de razas autóctona en réxime extensivo, “sen aumentar orzamento e deixando novamente ao 75% dos solicitantes que cumprían requisitos fora, o sector de vacún de carne segue en loita”.

O sindicato agrario ten  claro, e así o tenmanifestado, o lesivo da decisión do goberno galego: “Vamos plantarlle cara a esta Xunta de Galiza que agrede unha e outra vez ao sector de vacún de carne, que recorta sistematicamente as axudas, que non renova o Contrato de Explotación Sustentable (CES), que paraliza o Banco de Terras, e que non defende os intereses das granxas galegas no próxima reforma da PAC. Por todo o anterior, continuaremos coas medidas de presión oportunas ata conseguir o que nos corresponde”.

Comentarios