Traballador@s toman a cafetaría da estación de buses de Compostela, pechada polo Concello

Continúan a atender @s usuari@s e fano sen cobrar el@s nen cobrar polas consumicións "porque o facemos como unha maneira de visibilizar a situación e como un acto de reivindicación". 

buses
photo_camera [Imaxe: Amaia]


As e os seis traballador@s da cafetaría da estación de autocarros de Santiago de Compostela ocuparon as instalacións do estabelecemento hostaleiro após o concello decretar o seu peche.

Levaba 40 anos funcionando. A empresa pública Tussa, adxudicataria actual do servizo, sostén que a nova concesionaria se retirou porque non podía asumir as condicións: un investimento de 150.000 euros para acometer reformas non lles é rendíbel nunha adxudicación de só oito anos. 

Que piden @s traballador@s? Un novo concurso. Que din Tussa e o concello? "Non sabemos nada deles"

Que piden @s traballador@s? Un novo concurso. Que din Tussa e o concello? "Non sabemos nada deles", informa Roberto Alonso en conversa con Sermos Galiza. "O que non nos dixeron en ningún momento é que o estabelecemento non vai ben", subliña, polo que a única causa do encerramento é que a empresa concesionaria non pode asumir as condicións recollidas no prego.

Así que decidiron manter en funcionamento a cafetaría e están a facelo gratis. Para alén de non cobraren el@s, non cobran tampouco polas consumicións "porque non perseguimos o lucro" senón visibilizar o conflito e as súas reivindicacións. 

Reformas necesarias mais que poderían facerse aos poucos

Alonso sostén que as reformas son necesarias, pois a cafetaría non está adaptada para que accedan as persoas que se moven coa axuda dunha cadeira de rodas, por exemplo.

Mais defende que algunhas das melloras "poderían facerse con máis prazo" e que o desembolso inicial non fose tan elevado. Malia que na terza feira 11 o goberno municipal (PP) botou o fecho, as portas seguen, literalmente, abertas.

Non cobran polas consumicións "porque non perseguimos o lucro" senón visibilizar o conflito e as súas reivindicacións

"Non temos chaves" así que organizáronse en quendas de traballo e pasan alí o día enteiro. A quen se achega explícanlle por que non ten que pagar as consumicións e por que non poden servirlle, por exemplo, un bocadillo. "Queremos acabar os produtos coma o leite, que son perecedeiros, para non tirar con eles", conclúe Roberto Alonso antes de voltar ao seu traballo. 

Comentarios