''A Xunta cobrou irregularmente 150 millóns de euros os transportistas galegos''

É a cifra que o goberno de Feijóo recadou entre 2002 e 2012 polo céntimo sanitario, segundo o PSdeG, que se remite a cálculos do sector. Os socialistas reclámalle ao goberno galego que se dirixa ao executivo central e clarifique o procedemento de devolución deses cartos.

Camións de transporte (Foto: Nós Diario).
photo_camera Transportes, camións

A Xunta recadou “de forma irregular en torno aos 150 millóns de euros”. Unha cantidade cobrada “irregularmente” aos transportistas galegos a través do céntimo sanitario entre os anos 2002 e 2012. Así o denuncian desde o Partido Socialista de Galicia (PSdeG), que insta ao goberno galego a que se dirixa ao goberno central e clarifique o procedemento de devolución deses millóns de euros aos e ás afectadas.

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo que un sector como o dos transportistas, especialmente maltratado pola crise, merece unha “resolución áxil” para esta situación. O deputado socialista lembrou que este sector malia contar con 20.000 empregos directos en Galizaa “veu como desaparecían 2.000 empresas galegas nos últimos anos”.

Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE decretou ilegal o coñecido como “céntimo sanitario”, implantado de forma irregular polo goberno central entre 2002 e 2012 e polas comunidades autónomas ata xaneiro de 2013, e obrigou á súa devolución.

Comentarios