As mentiras de Feijóo en materia de emprego

A serie #feijóomentirán lanza máis un capítulo dedicado desta volta ás mentiras do goberno en materia de emprego.

A campaña viral lanzada polo BNG a través das redes sociais, achéganos no cuarto capítulo as promesas electorais que o até o de agora presidente da Xunta fixera inicio da lexislatura. Rematar co desemprego en 45 días ou a aprobación dun Plano Autonómico de Emprego para os cinco anos posteriores foron algúns dos compromisos lanzados polo Partido Popular en 2009.

Tres anos e medio despois, o Bloque Nacionalista Galego fai balance e asegura que “Feijóo incumpriu todas as súas promesas electorais nesta materia” pois no que foi de lexislatura suman xa máis de 113.000 as persoas que perderon o seu emprego, nun país con 275.000 persoas desempregadas –na súa maioría, xente moza--. 

Comentarios