Concentración contra os recortes esta quinta feira no Parlamento galego

A mobilización, convocada por 20 sindicatos e colectivos de profesionais, coincide coa aprobación na cámara da lei de adaptación en Galiza do decreto de recortes de Rajoy nas administracións públicas

A cita é esta quinta, 2 de agosto, ás catro do serán no Parlamento galego, co gallo da celebración dun pleno extraordinario onde o PP pretende aprobar, facendo uso da súa maioría absoluta, a lei de adaptación en Galiza do decreto de recortes de Rajoy nas administración públicas.

O pleno extraordinario ten como punto único da Orde do Día a “proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do proxecto de lei de adaptación das disposicións básicas do real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, e se é o caso, debate e votación deste proxecto de lei 08/PL-0049 (85462)”.

A concentración está convocada por: CI, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC, CGT, USUSO USTG, SIAT e ACAIP, que fan un chamamento á cidadanía galega para participar nela.

Comentarios