Galiza non é unha mina

Unha ollada A Fondo sobre a megaminaría contaminante. Sermos Galiza publica un caderno de análise no que debullamos as consecuencias medioambientais, sociais e económicas dos proxectos mineiros que se pretenden instalar na Galiza

"A Xunta de Galiza está a traballar arreo para deixar abrir a nosa terra como quen dá por morto ao país e vende ao mellor postor as súas entrañas".

Así comeza o caderno de análise que esta semana acompaña o semanario Sermos Galiza

Ás portas dunha manifestación nacional --que se prevé masiva-- contra a megaminaría contaminante, botamos unha ollada A Fondo sobre os proxectos mineiros que asolagan o país amparados nunha Xunta de Galiza que se gaba de dicir que Galiza é unha mina.

Coordinado polo profesr titular de Economía Aplicada, Xoan R. Doldán, debullamos en oito páxinas os impactos da minaría sob o territorio mais tamén as súas consecuencias para o tecido socioeconómico galego dun modelo que "pretende obter enormes beneficios pasando por riba dos intereses medioambientais e da saúde das persoas", apunta Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. 

Pola defensa do territorio publicamos este caderno de análise co que procuramos deitar luz sobre as razóns científicas, sociais, económicas, culturais, políticas... que alicerzan a loita contra a minaría salvaxe e procuramos desmontar algúns dos mantras empregados para defender os intereses das empresas transnacionais, da economía da miseria, fronte o ambiente no que vivimos e que nos dá vida. 

Comentarios