O presidente do Consello Galego de Relacións Laborais di que da crise non se sae con máis recortes sociais

O presidente Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández ven de defender que non se pode “seguir exprimindo o mercado laboral” e que da crise non se sae con máis recortes sociais. Para Demetrio Fernández, a situación está afectando “de forma virulenta” a traballadores e traballadoras.

Nunha entrevista realizada á cadea Ser, Demetrio Fernández, Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais ven de afirmar que dunha crise como a que se está a vivir non se pode saír por medio de recortes sociais.Un incremento salarial no primeiro semestre de 1,52% que, segundo comprobou, non se deu desde que o organismo rexistra estes datos a finais dos oitenta e cunha das xornadas máis altas da última década indican unha clara disminución das condicións de traballo. “Trabállase máis e gáñase menos cartos” sinalou, despois de poñer sobre a mesa os datos que manexan do mundo laboral. “Os datos son contundentes, mire como se mire”, afirmou, referíndose á avaliación dos convenios colectivos asinados. 

Para o presidente do CGRL a crise está provocando a “perda de dereitos” en especial por parte de traballadoras e traballadores, aos que esá afectando “de forma virulenta. “Os traballadores están pagando a crise “ afirmou Demetrio Fernández pero, ao seu ver, non só cun aumento da xornada laboral e disminución de salarios senón tamén pola “perda de dereitos” que, desta volta se está a manifestar “con moita virulencia”. 

Na entrevista na que o Presidente do Consello Galego de Relacións Laborais analizou a situación actual do mundo do traballo alertou tamén de que “non se pode seguir exprimindo o mercado laboral”. É, ao seu ver, o “dereito ao traballo” o que está a padecer a crise con maior intensidade de maneira máis acelerada “desde o momento en que se usa como un mecanismo económico máis para reactivar a economía”. 

O mercado laboral vai ir a remolque se non poden acceder a liñas de crédito. Para reactivalo precísase, segundo afirmou, facilitar o financiamento e a reactivación do consumo xa que, de non ser así, “o mercado laboral irá a remolque”.

Comentarios