Asasinado a tiros en Turquía o embaixador ruso

Andrei Karlov foi tiroteado cando visitaba unha exposición. O agresor foi abatido pola policía turca. Vídeo no interior

C0DmiAxWIAIVDPI
photo_camera C0DmiAxWIAIVDPI

Andrei Karlov, embaixador ruso en Turquía, foi asasinado esta segunda feira cando visitaba unha exposición en Ankara. O atacante, un policía de 22 anos, segundo o Concello de Ankara, que foi abatido posteriormente pola policía, tiroteu o diplomático. Algunhas fontes sinalaban que proferiu berros sobre Alepo, a cidade siria que vén de ser recuperada polo goberno sirio con apoio ruso. No ataque outras tres persoas resultaron feridas. "Alá é grande, Alá é grande, Alepo vinganza", sería o que dixo o atacante, segundo estes medios.

O vídeo pode ferir a sensibilidade do lector

As primeiras versións indican que o asasino accedeu ao recinto cunha credencial de policía e realizou varios diparos ao ar, conseguindo así que a xente se dispersase. Foi entón cando se achegou ao embaixador, ao que disparou catro ou cinco tiros. 

Fontes da embaixada rusa en Ankara, citados por medios turcos, consideran que poderiamos estar ante un ataque de terroristas jihadistas. 

Comentarios