Ataque terrorista de Daesh contra o Parlamento iraniano e mausoleo de Khomeini

No mínimo sete persoas mortas, se ben hai fontes que elevan o número a doce.

Parlamento Irán @Tasnimnews_EN
photo_camera Parlamento Irán @Tasnimnews_EN

O Estado Islámico (Daesh) reivindica os dous atentados terroristas cometidos esta cuarta feira en Teherán e que deixan un mínimo de sete persoas mortas, se ben algunhas axencias elevan a cifra a máis de dez. Varios homes armados irromperon no Parlamento de Irán e abriron fogo contra as persoas que alí se atopaban. Case de forma simultánea, outro grupo de homes armados atacou o museo do ayatollah Khomeini, no sur da capital iraniana.

En ambos os dous casos, un dos atacantes fíxose estoupar con cargas explosivas adheridas ao seu corpo. O Ministerio do Interior xa anunciou unha xuntanza de emerxencia. As rúas próximas ao parlamento están cortadas e hai fortes controis policiais. As autoridades pediron á poboación que estean en alerta.

Irán é un dos principais inimigos para o Daesh. O apoio de Teherán ao goberno sirio no seu combate contra o terrorismo sitúa este país no punto de mira do Estado islámico. Aliás, Irán é un pais de maioría chiíta, rama do islam que tamén está entre os obxectivos dos terroristas do Daesh. 

Comentarios