Dous atentados contra igrexas coptas en Exipto causan máis de 30 vítimas mortais

Un dos atentados tivo lugar nun templo cristiano copto na localidade de Tanta, a 120 quilómetros do Cairo, e outro en Alexandría.

Atentado exipto
photo_camera Imaxe: Twitter

Unha explosión unha igrexa cristiá copta en Tanta, a 120 quilómetros do Cairo, e outra nun tenmplo da mesma confesión en Alexandría, deixan este domingo por volta de 40 persoas falecidas e ducias de feridas, No atentado de Tanta houbo un mínimo de 25 persoas mortas e máis de 60 feridas, algunhas delas moi graves. O gobernador de Gharbiya afirmou a medios exipcios que o estoupido debeuse a unha bomba de fabricación caseira, polo que estariamos ante máis un atentado contra a minoría copta de Exeipto, que representa o 10% da poboación. A mediados de decembro pasado, un atentado contra a catedral copta do Cairo asasinou 25 mortas.

O atentado tivo lugar cando ían dar comezo as celebracións do Domingo de Ramos, inicio da Semana santa cristiá. O estoupido produciuse no interior da igrexa de Mar Girgis. Un voceiro do goberno de Exipto cualificou o atentado dun “acto repugnante contra todos os exipcios”, independentemente da súa relixión. 

Poucas horas despois deste atentado, unha bomba estoupaba nunha igrexa copta de Alexandría, causando tamén vítimas mortais. 

Comentarios