Nuevas Generaciones volve opinar sobre o aborto: ''quen se abra de pernas que apande"

O secretario da organización xuvenil do PP en Tarifa, Antonio Ortiz, publicou un comentario na súa conta do Facebook ateigado de faltas de ortografía e coa seguinte mensaxe: "No al aborto! No al aborto! Que quien se habra de pierna que apechugueee!!!"

nuevas


"No al aborto! No al aborto! Que quien se habra de pierna que apechugueee!!!" É a mensaxe, literal, que o secretario local de Nuevas Generaciones na poboación gaditana de Tarifa, Antonio Ortiz, publicou na súa conta da rede social Facebook para se posicionar a favor da contrarreforma da lei do aborto que prepara o seu partido en Madrid. 

Após o malestar que xerou o seu comentario, empregou outra rede social, agora Twitter, para pedir desculpas "a todas las mujeres" porque "no son las maneras ni las formas de decir esto", e acrecentou que se trataba dunha "opinión persoal" que "no representa a NNGG"

"Por min como se os vosos mozos vos abortan a paus"

Con todo, esta é a terceira vez que a organización xuvenil é noticia polas opinións verquidas a respeito do aborto. o 23 de decembro a organización xuvenil informou da apertura dun expediente de expulsión ao afiliado Pedro Gutiérrez após un chío publicado na súa conta do Twitter en que facía apoloxía da violencia machista explicando que "por min como se os vosos mozos vos abortan a paus namentres non saia do meu diñeiro".

E hai dous meses a organización da mocidade conservadora desvinculouse das declaracións feitas polo seu propio secretario xeral, o deputado galego Javier Dorado, para deixar claro que aplauden o globo-sonda lanzado polo ministerio de Xustiza que devolvería a posibilidade das mulleres de interromperen un embarazo non desexado aos anos 60. 

NOTA: o comentario de Antonio Ortiz foi tirado dunha captura de pantalla difundida pola agrupación municipal do PSOE de Tarifa.

Comentarios