A China analiza unha suba dos aranceis aos coches de combustión en represalia contra a UE

Disputa polas medidas da Unión Europea.
Coches eléctricos chineses preparados para o envío a Europa. (Foto: Stellantis)
photo_camera Coches eléctricos chineses preparados para o envío a Europa. (Foto: Stellantis)

Despois dunha reunión con fabricantes de automóbiles e asociacións industriais locais, as autoridades chinesas comunicaron a sexta feira que “escoitaron as opinións e suxestións da industria, expertos e académicos sobre o aumento dos aranceis de importación de automóbiles impulsados por combustíbel con motores de gran cilindrada”.

Os produtores chineses do sector xa demandaran estas medidas en xuño despois de que a Unión Europea (UE) incrementara os aranceis aos vehículos eléctricos chineses criticando as axudas públicas que reciben e replicando a decisión tomada anteriormente polos Estados Unidos.

Ademais, están en marcha en Beijing investigacións anti subsidios, previas á toma dunha decisión, no sector do brandy e dos produtos lácteos no bloque comunitario.

O economista de Natixis Corporate & Investment Banking Gary Ng indicou ao xornal South China Morning Post que "o momento da acción basicamente suxire que se trata dunha resposta ao arancel da UE sobre os vehículos eléctricos fabricados na China".

Comentarios