Cornualles retoma as mobilizacións para demandar autogoberno

O partido nacionalista córnico Mebyon Kernow iniciou unha campaña para reivindicar a Londres a creación dunha asemblea autónoma como as que posúen Gales e Escocia.

cornualles

Cornualles, en córnico Kernow, apandan co 'san benito' de ser a gran descoñecida entre as nacións que están baixo administración do Reino Unido. Con 3.500 km cadrados e 500.000 habitantes, este país celta ten actualmente un estatus moi limitado e restrinxido en canto a autogoberno se refire.A diferenza de Gales, Irlanda ou Escocia, Cornualles non foi quen de traducir a súa especifidade cultural e nacional nun movemento político. E moito menos nun autogoberno efectivo, por moi limitado que sexa.

“Non é que Cornualles pasase formar parte de Inglaterra. É que os ingleses van esquecer que non formabamos parte do seu país”

Co inicio de 2014 desde diferentes entidades e organizacións apostouse por impulsar unha campaña de recollida de sinaturas en demanda de autogoberno. O partido nacionalista Mebyon Kernow (MK) quere implicar á cidadanía nun movemento que acade que Londres acepte dotar a Cornualles de institucións de goberno propias. Nunha enquisa, se ben do 2009, a metade das e dos córnicos eran favorábeis a esta demanda.

Daquela impulsárase unha campaña semellante e que atinxira as 40.000 sinaturas, cifra non desdeñábel tendo en conta que Cornualles ten medio millón de habitantes.


 

Comentarios