Cortes de estradas e camiños de ferro nos primeiros compases da nova greve xeral en Catalunya

Convoca a central independentista I-CSC, co apoio de parte da CGT e do colectivo de CC OO Comissions per la Independència. UGT e CC OO non a respaldan formalmente. É unha mobilización xeral que persegue paralisar a cidade de Barcelona, colapsar a rede de transportes e ter presenza en todo o territorio. Ten como obxecto denunciar o ataque ao autogoberno de Catalunya e demandar a liberación dos presos políticos.

tall
photo_camera A AP-7, cortada perto de Figueras [Foto: Josep M. Montaner/NacióDigital]

A batalla das primeiras horas é bloquear os transportes, daí que nos primeiros compases da greve os piquetes tivesen como principal tarefa cortar estradas e camiños de ferro, ao igual que se fixo na folga anterior, o 3 de outubro, convocada naquela altura para denunciar as brutais cargas policiais contra as persoas que foron votar no referendo do 1-O.

 

MÁIS INFORMACIÓN A SEGUIR

Comentarios