Cristina de Borbón será xulgada

O xuíz instrutor do caso Nóos imputou a irmá do rei español por dous delitos fiscais en grao de cooperadora necesaria. 

Cristina de Borbón, irmá do rei español Felipe VI, sentará no banco de acusad@s. O xuíz instrutor do caso Nóos, no que tamén se atopa imputado o seu compañeiro, Iñaki Urdargarin, acúsaa de dous delitos fiscais en grao de cooperadora necesaria. 

É a primeira ocasión na historia en que unha persoa da familia do monarca será xulgada. Porén, a decisión do xuíz Castro aínda pode ser recurrida apelando á 'doutrina Botín' isto é que a imputación decaia ao existir unicamente unha acusación popular. Aliás, no prazo dun mes deberá presentar o escrito de defensa xunto coas outras 16 persoas imputadas. 

Desde a Casa Real aseguran respectar a independencia do poder xudicial. Cristina de Borbón, que conta co título de Infanta, tentou regatear a imputación pagando 587 mil euros, unha contía que abonou para devolver o diñeiro presuntamente obtido de maneira irregular. Porén, este feito no eximiu a irmá do rei español dos dous delitos fiscais que a sentarán no banquiño. 

Comentarios