Detido en Francia o fundador da plataforma Telegram acusado de non colaborar coa policía


A detención realizouse no aeroporto de París de acordo cunha orde de busca previa se entraba en territorio francés.
Pavel Durov nunha foto de arquivo. (Foto: TechCrunch).
photo_camera Pavel Durov nunha foto de arquivo. (Foto: TechCrunch).

O fundador e director xeral da plataforma de mensaxería Telegram, Pavel Durov, foi detido este sábado pola noite en Francia cando baixaba do seu jet privado en compañía da súa esposa e do seu gardacostas e foi posto baixo custodia policial, informou a cadea TF1 citando a fontes da investigación.

Durov, que aterrara no aeroporto de Le Bourget, perto de París, procedente de Acerbaixán, foi detido pola Xendarmería de Transporte Aéreo (GTA) de acordo cunha orde de detención emitida previamente por delitos relacionados coa aplicación de mensaxería.

Segundo sinalou TF1, a Xustiza entende que Telegram é un aliado potencial para a comisión de delitos de fraude, contra menores ou tráfico de drogas, entre outros, dadas as ferramentas que ofrece, así como a falta de moderación no seu uso e a escasa colaboración coas autoridades.

Investigación 

"Terminará en prisión preventiva, iso é seguro", declararon investigadores próximos ao caso, que xulgaron que, "na súa plataforma, [Durov] permitiu que se cometesen innumerábeis delitos polos que non fixo nada".

Espérase que o multimillonario franco-ruso, de 39 años, compareza ante un xuíz de instrución. Durov podería enfrontar acusacións que inclúen terrorismo, tráfico de drogas, complicidade, fraude, lavado de diñeiro e distribución de contido pedófilo, entre outros cargos, segundo reportes de medios franceses.

Tras se coñecer a súa detención, Rusia comezou xa unha ofensiva diplomática desde a súa embaixada en París, para exixir ás autoridades francesas "que aclaren inmediatamente os motivos [da súa captura], a protección dos seus dereitos e que lle garantan o seu acceso consular".

Telegram

Telegram é unha aplicación de mensaxería instantánea lanzada en 2013 por Dúrov e o seu irmán Nikolái como unha alternativa á aplicación WhatsApp. Con sede en Dubai, está traducida a máis de 20 idiomas.

A sincronización á nube de forma permanente é un dos seus elementos diferenciais, de maneira que os seus usuarios poden acceder ás mensaxes desde distintos dispositivos á vez e compartir un número ilimitado de fotos, vídeos e

Ademais, a aplicación ofrece a creación de bots (mensaxes automáticas), a integración de chats secretos que protexen a privacidade dos usuarios cun cifrado exclusivo entre o emisor e o receptor e un límite de até 200.000 persoas por grupo.

Comentarios