O ex-presidente afgán afirma que Estados Unidos axuda o Daesh

Hamid Karzai asegura nunha entrevista que o grupo terrorista “é un produto estadounidense”.

Estados Unidos exército EUA afganistán

Hamid Karzai, quen fora presidente de Afganistán entre os anos 2004 e 2014, afirma que os Estados Unidos axudan Daesh,. “O Daesh é un produto estadounidense”, afirmou Karzai nunha entrevista exclusiva en Kabul para a cadea estadounidense Fox News, indicando que o grupo terrorista “xurdiu en 2015, durante a presenza de EUA”. Por iso, afirmou o Isis, como tamén se denomina Daesh, “é un produto estadounidense”.

O ex-mandatario afgán revelou que recibe periodicamente informes sobre helicópteros de EUA que levan suministros ao grupo terrorista na zona fronteiriza entre Afganistán e Pakistán. “Os Estados Unidos deberían explicar iso”, dixo.

Ademais, e sobre a MOAB (a bomba non nuclear máis potente do mundo que EUA botou recentemente sobre territorio do ISIS en Afganistán), Karzai mostrouse convencido de que a acción respondeu aos intereses de Daesh e Estados Unidos. “O Daesh xa evacuara a maioría dos seus combatentes e familias desa zona, así que foi algo coordinado, este grupo terrorista é só unha ferramenta de EUA”, manifestou. “O Daesh  evacúa a súa xente e após vén EUA para tirar esa bomba xigante... veña, ho”.

Comentarios